Un milleiro de rapaces da comarca coruñesa reuniranse este vernes no Correlingua na Coruña

Partirá ás 11.00 horas da explanada do Palacio dos Deportes de Riazor e rematará cunha festa aos pés da estatua de Breogán, na Torre de Hércules

Unha pancarta do CPI O Cruce de Cerceda no Correlingua de 2023

Unha pancarta do CPI O Cruce de Cerceda no Correlingua de 2023 / Iago López

O Concello da Coruña presentou este luns a XXIV do Correlingua, que se celebrará este venres, 3 de maio. Nel reuniranse máis dun milleiro de alumnos e alumnas de 17 centros de toda a comarca da Coruña.

Na presentación participaron, ademáis do concelleiro responsable de Cultura, Gonzalo Castro, a responsable provincial da Asociación Correlingua, Celia Armas, e o representante de CIG Ensino, Suso Bermello, que xunto á Mesa pola Normalización Lingüística organizan este evento.

A xornada comezará ás 11.00 horas na explanada do Palacio dos Deportes de Riazor, e nela, os participantes percorrerán o paseo marítimo ata chegar á Torre de Hércules, aproximadamente ás 12.30 horas.

Na contorna da Torre, a carón da estatua de Breogán, haberá un escenario onde se celebrará unha festa final con actuacións musicais e entrega de premios á mellor pancarta.

O lema da edición deste ano é 'Dende aquí até acolá, galego xa!' e conta cun cartel realizado pola ilustradora Xulia Pisón. O obxectivo marcado é o fomento do uso da lingua galega entre as xeracións máis novas.