Síguenos en redes sociales:

A poeta Yolanda Castaño presenta a súa Residencia Literaria 1863

A poeta Yolanda Castaño presenta a súa Residencia Literaria 1863víctor echave

A poeta Yolanda Castaño presentou onte a súa Residencia Literaria 1863, un espazo de xestión cultural situado no número 46 de Rego de Auga, desde o que artellará todo un programa de residencias literarias que conectará as letras galegas coas de fóra. Cada mes, un escritor estranxeiro aterrará na Coruña para desenrolar o seu traballo no marco da iniciativa, que promoverá como contrapartida a estadía dun autor da terra nunha residencia internacional.

Países de Europa do Leste, Latinoamérica e Centroeuropa serán os enclaves cos que xestionará os seus convenios o programa, que pretende alentar con estes intercambios a exportación do talento galego máis aló das fronteiras do país. A dignificación do oficio de escritor, e a axuda ao proceso creativo coa aportación dun período no que os artistas poderán enfocarse a tempo completo á escrita, será a outra grande meta do espazo, que acollerá a autores foráneos escollidos a través de galardóns ou convocatorias no estranxeiro.

O primeiro deles, cuxo nome non avanzou aínda Castaño, será segundo a autora "un dos mellores poetas" das letras hispanoamericanas, que chegará á próxima semana respaldado por un Premio Nacional. "En breve" estará tamén preparada a convocatoria para os autores galegos, que poderán acceder a bolsas de outros puntos do mundo logo de enviar materias como o seu currículum, a memoria do seu proxecto e mostras do seu traballo.

Como unha das autoras galegas con máis residencias no estranxeiro, Castaño baseouse na súa experiencia para crear este "soño". Con el agarda eliminar para outros escritores as "eivas" que, di, se atopou na literatura, na que denuncia unha falta de "políticas culturais capaces de externalizar" a escrita galega.

Pulsa para ver más contenido para ti