OPINIÓN El Hematocrítico | Un home feliz
Antonio M. Fraga | Escritor e amigo de Miguel López
Chove no teu barrio. Ese barrio no que eu vivo e que ti deixaches hai tempo, mais que segue a ser o teu. Malia estaren afeitas á chuvia e ao vento, hoxe as rúas encóllense sobre si mesmas cun verniz tristeiro no asfalto, talvez de incredulidade.
Horas despois de recibir a nova conservo aínda o tremor no corpo, o vimbio na gorxa que me deixou a túa partida; así, sen te despedir sequera. Se até teño un whatsapp sen contestar sobre a última serie da que gozabamos á vez! Porque eras, Miguel, unha presenza constante no outro lado, alguén ao que por moito que te esforzases diariamente en lle escribir unha mensaxe xenial, sabías que sempre che contestaría con outra moito mellor. Así, sen se esforzar. Coma quen bocexa ou raña o curuto.
Lembro a tarde que nos presentou Ledicia, no coruñés Campo da Leña. Iades despois pasear pola beira do mar. Supoño que gardabas a intención de presumir ante ela desta cidade da que tan orgulloso estabas.
Tecestes, desde entón, unha complicidade máxica, case mística, baseada no amor, no respecto e na admiración mutua que sentiades. Escribías hai poucos días que estabas, exactamente, na túa vida soñada: “unha parella de escritores, tomando un café mentres traballan, portátil contra portátil”.
Porque marchou o amigo xeneroso que sempre tiña un consello cando o precisaba. Marchou o anfitrión xenial que convertía as ceas outsiders na súa casa en veladas inesquecibles. Marchou o erudito da cultura pop, de saber enciclopédico, do que sempre aprendía algo novo: un filme, unha serie, un disco, unha banda deseñada... Marchou tamén, por suposto, o escritor talentoso que tan ben conxugaba paixón e vocación e que conectaba coma ninguén co maxín da rapazada. Mais, sobre todo, marchou un home feliz, tremendamente feliz. E é así como quero lembrarte.
- Los vecinos de Matogrande reclaman que el pub en el que la Policía Local de A Coruña requisó droga deje de funcionar como ‘after’
- Las obras del Chuac hacen desaparecer el aparcamiento del personal y los eucaliptos
- Los vecinos de A Coruña ya pueden cruzar a pie de Matogrande a Xuxán
- El talento cinematográfico de los estudiantes de la ESO se premia en el Centro Ágora
- Los festivales que no te puedes perder este verano cerca de A Coruña
- Las entradas para ver a Ricky Martin en el Coliseum, entre 60 y 120 euros
- La Fundación Marta Ortega abrirá una librería y una exposición en el silo de Batería en junio
- El tiempo en A Coruña: Los termómetros se disparan a 25 grados de máxima