Redacción.A CoruñaRexina Vega, An Alfaya y Carlos López foron os gañadores dos Premios Xerais 2007, segundo deu onte a coñocer a editorial nun comunicado de prensa.O nome dos galardoados se desvelou durante una gala celebrada na illa de San Simón, en Redondela, na que participaron representantes da política e a cultura.Rexina Vega foi a gañadora na categoría Premio Xerais de Novela 2007, dotada con 15.000 euros, coa obra Cardume.Cardume presenta "a historia familiar e persoal dos sobrevivintes a un tempo caótico, doloroso e triste; a un tempo aberto polo eclipse da República e dos seus ideais". A xuízo do xurado do Premio Xerais, "faino dunha maneira certeira e sen vitimismo". A novela retrata un Vigo industrial e atlántico, simultaneamente cosmopolita e provinciano, que é crisol de personaxes que evolucionan, que se relacionan e que medran, e que, en definitiva, logran subsistir ás miserias dunha cidade desacougante. O xurado resaltou tamén "a capacidade expresiva da novela a través dunha lingua poética e metafórica que evidencia unha clara vontade estilísitica". A obra Illa Soidade, de An Alfaya, levou o premio Xerais de Literatura Xuvenil, patrocinado pola Fundación Caixa Galicia e dotado con 7.500 euros.Rexina Vega é doutora en Filoloxía Románica coa tese Bilingüismo e autotradución en Álvaro Cunqueiro. Durante os anos noventa exerceu a docencia na área de filoloxía galego-portuguesa na Universitat Autònoma de Barcelona. Exerceu a crítica teatral e é premio Sthendal, e finalista do premio nacional de tradución, pola obra de Georges Perec El secuestro. Actualmente é profesora asociada do departamento de lingua española na Universidade de Vigo e profesora de lingua e literatura galega no Instituto San Tomé da mesma cidade.Illa Soidade relata a historia de Lucía quen, nunha viaxe en tren cando vai iniciar os estudos de xornalismo, vai rememorando a súa relación con Soa, unha esmoleira á que coñeceu cando pretendía deter unha vaga de insolidariedade cos indixentes que se produce no seu barrio. Para o xurado do Premio Fundación Caixa Galicia Illa Soidade "é unha novela iniciática na que a personalidade da protagonista, Lucía, evoluciona grazas ao contacto con Soa, que nos descobre unha vida marcada pola paixón e a soidade, con reflexións sobre a autonomía persoal e o respecto polo diferente". "A obra retrata a indixencia, afastándose de tópicos e concedéndolle voz a persoas que teñen o seu propio espazo nunha sociedade que habitualmente as silencia. Cada unha delas é unha illa chea de historias nas que raras veces somos quen de introducirnos".An Alfaya (Vigo, 1964) estudou na Escola de Formación do Profesorado, Criminoloxía e detective privado. Obtivo diferentes premios de teatro infantil. É autora de ¡Sireno, Sireno!, Premio Merlín 1997; O baúl de Wensel (2000) ou A estrela volarina da torre colarina (2001).Carlos López Gómez foi o gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 7.500 euros, pola obra Minimaladas, que recolle 84 mini historias protagonizadas por animais, nas que destaca a súa orixinalidade e imaxinación. O xurado salientou "a súa capacidade para evocar imaxes, valéndose dun emprego lúdico da linguaxe, algunhas interesantes referencias literarias e dun tratamento moi innovador da creación lingüística". "Foi divertido escribilas; confío en que sexa lelas", dixo o premiado.Carlos López Gómez (Boimorto, A Coruña 1967) é guionista do dúo de humor gráfico Pinto & Chinto, que publica as súas viñetas de humor nos medios de comunicación.A escritora Teresa Moure, que actuó como Mantedora Literaria do acto, reivindicó a literatura como espacio para a "transgresión" e para a recuperación da "erótica" da lectura.Pechou o acto Manuel Bragado, director da editorial, que agradeceu a axuda proporcionada pola Consellaría de Cultura, o Concello de Redondela, a Fundación Caixa Galicia, entidades que apoiaron os premios e prometeu importantes novidades para a celebración da XXV edición dos Premios Xerais no ano 2008.