A voz, un carballo. O espírito, un castiñeiro.A ialma, un sentimento: GALICIA. ¿Lembras?, ¡cantos camiños percorridos!, ¡cantas andainas polos eidos festeiros do noso pais!,e ¿cantas cantigas?

Foron moitos anos de amizade, de andar espallando a nosa música, e non so en Galicia, senon tamén polo mundo. Agora que te fuches a outros vieiros, como catador campante dos viños eternos, voltareite a ollar no aire e escoitareite cantar no vento:

Lévame, lévame, lévame, lévame a beira do mar......

Tomaremos uns grolos na taberna do tempo e cantaremos sen fin: "Èche un andar miudiño, miudiño, miudiño, miudiño, miudiño o que eu traio...."

Xantaremos uns bistéqueles con patacolas mentres algunha moza nos fai un guiño de complicidade.

Si, Fito, si, as lembranzas enchen a miña cabeza de recordos, de sorrisos e tamén de algunha bágoa,pero sobor de todo, do teu amor pola música, da túa retranca como bo galego e, permíteme o que vou dicir, dos teus ronquidos cando viñamos de volta de algunha festa.

Non te esqueceremos, seguirás sempre no noso corazón, e, cando ollemos pra o monte de A Guía, alí estaras ti cos anxos,cantando:Nosa Señora da Guía.

"Ala vai, ala vai indo..."

Alí onde vaia a cantar, estarei escoitando a túa voz, esa voz que sentirei coma un ronco cheo de sentimento, cheo de doce son que nos fai sentir que segues sempre entre nós. Xuntarémonos algún día coma eses catro os mellores do barrio e cantaremos sen cesar:

"E pousa,pousa ,pousa..."

Unha aperta amigo