O cuarteto Moiizah realiza unha notable presentación musical coa saída ao mercado do seu primeiro traballo discográfico. O cantante e líder da formación é Rivo Noarivelo, na imaxe da dereita, un artista de Madagascar que se rodeou de tres músicos noruegueses para montar o grupo despois de realizar varios proxectos musicais naquel país e ver que esa mestura entre as súas raíces e a dos escandinavos podía funcionar ben. Noarivelo é o compositor dos temas e o que marca os tempos nesta obra de fusión tan interesante. O produtor foi Giles Perring e o disco gravouse nos estudios que ten na illa escocesa de Jura.