12 de marzo de 2019
12.03.2019

Finalistas XVIII Premios Opinión

12.03.2019 | 18:16

Mellor tema orixinal

BEROBREO BLUES
Intérprete: Anxo Lorenzo
Esta peza achega unha nova vía ao estilo musical do artista por esa deriva cara ao blues que desprega no tema.

DEIXAAS
Intérprete: Mercedes Peón
Esta é a peza que abre o álbum e marca o vieiro seguido pola coruñesa nesta obra con sabor vangardista.

O PRIMEIRO BAILE
Intérprete: Susana Seivane
A gaiteira lanzouse á composición, como nunca antes fixera,  e este tema concitou o interese do xurado.

CICLOTIMIAS
Intérprete: SondeSeu
Esta coidada composición de Quico Comesaña para a orquestra folk galega conseguiu meterse entre as catro  elixidas.   


Mellor artista

ANXO LORENZO
O de Moaña é un gaiteiro virtuoso e nesta ocasión apostou máis polas composicións propias, o que sempre reforza a personalidade musical dun artista.

MERCEDES PEÓN
Ninguén fai o que ela e iso indica que posúe un estilo propio moi marcado. Aposta polo risco e, guste máis ou menos, amosa que é unha grande artista.   

RODRIGO ROMANÍ
Nova aparición neste apartado do noiés. Xa gañou este galardón e volve aparecer grazas a un traballo construído con gusto, baseándose na súa querida arpa.

BELÉM TAJES
É a autora dos arranxos que levan a pezas da nosa tradición musical ata ritmos inusuales. A artista realizou esa difícil tarefa con boas luces. 


Mellor Adaptación dunha peza tradicional

MAR ANTIGO
Intérprete: Milladoiro
O traballo da histórica formación volve incidir nesa sonoridade tan característica, da que este tema é unha perfecta mostra.

SALVADORA
Intérprete: Habelas Hainas
Estas mulleres están cómodas traballando na música da terra e souberon facer unha peza con tirón popular. 

AI, Á RIBEIRA
Intérprete: Tanxugueiras
Este tema abre o disco e constitúe unha  boa carta de presentación do estilo que pretenderon ofrecer no álbum. 

MORENIÑA
Intérprete: Vudú
Foi unha carta de presentación do dúo en formato vídeo e unha chamada de atención sobre o que estaban dispostas a facer. 

Mellor Disco


ATLÁNTICO
Intérprete: Milladoiro
No disco mestúranse pezas de composición de tres músicos da banda canda esa revisión, sempre intelixente, das pezas tradicionais.  

DEIXAAS
Intérprete: Mercedes Peón
Un traballo de espazos e volumes sonoros para poder construír unha proposta conceptual moi persoal. 

TANXUGUEIRAS
Intérprete: Tanxugueiras
Debut que chamou a atención  no que fan valer as súas voces e teñen o apoio de Pedro Pascual nos arranxos.

BEIRALÚA
Intérprete: SondeSeu
No disco decidiron contar con varios compositores galegos de prestixio e tamén elaboraron versións de pezas moi coñecidas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

Jamming

¡Carcajadas aseguradas!

Gema CarrascoFirma BeContent

El 23 de marzo podrán disfrutar en Vigo del espectáculo de improvisación Jamming, en el que los espectadores son una parte activa del show


ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario