¿Por que se celebra o Día das Letras Galegas?
O Día das Letras exalta e promociona a literatura e lingua galegas nunha data que se dedica a homenaxear con producións e actos culturais á figura escollida. O 20 de marzo de 1963, con motivo do centenario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, os membros da Real Academia Galega Francisco Fernández del Riego, Manuel Gómez Román e Xesús Ferro Couselo propuxeron declarar ‘Día das Letras Galegas’ o 17 de maio de cada ano, co apoio das institución culturais e centros galegos de todo o mundo. Rosalía de Castro foi a primeira homenaxeada polo centenario da súa obra en 1963. Desde esa data e sen interrupción, seguíronlle moitas otras figuras senlleiras da cultura galega, elixidas pola Real Academia Galega.
A última viaxe de Florencio
“A figura elixida deberá ser autora dunha obra relevante en galego e persoa de calidade cultural e humana que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega de hoxe. En calquera caso deben pasar dez anos entre a súa morte e a designación para ese día. As propostas, razoadas e asinadas por un mínimo de tres académicos, deberán incluírse na convocatoria do Plenario correspondente”, recollen os seus estatutos.
Actos do Día das Letras Galegas en A Coruña
Desde 1991, vinteoito anos despois da súa institución, o Día das Letras Galegas é festividade oficial en Galicia. Arredor desta efeméride desenvólvense numerosos actos organizados desde a Academia, a Xunta de Galicia, os concellos, os centros de ensino e outras entidades ou agrupacións civís que participan, en conxunto, no labor de coñecer, honrar e difundir a memoria e a obra da persoa homenaxeada.
Más en Cultura
-
El mundo llora la muerte de Paul Auster: "Cuánto te hemos leído y releído y querido"
-
Muere Victoria Prego: su importante trayectoria en televisión desde 'Al cierre' a 'La transición'
-
El testamento literario de Paul Auster: cinco libros para entender su carrera
-
Muere a los 75 años Victoria Prego, la periodista que retrató la Transición en España