Síguenos en redes sociales:

A pé de rúa

Todo é bla, bla, bla

Todo é bla, bla, bla

Menos mal que o peixe está xa todo vendido porque doutro xeito isto iría a piques. E o de onte xa é cuestión de actitude, un asunto no que alguén tería que tomar medidas de verdade. Xa abonda de palabras, os feitos son os que de verdade valen porque o resto bla, bla, bla. Hai xente frustrada, hai xente cabreada, hai xente? eu que sei. E os seareiros? Para non ser populista -que dirían os azuis- non vou falar dos que viaxan e gastan cartos para estar ao carón do equipo, mesmo onte en Anoeta, vou falar do deportivismo en xeral, deses que sinten malia que non viaxan, deses que andan pola rúa pendentes do que poidan facer un grupo de individuos que cobran un bo soldo por facer o que lles gusta. Si, eses que fuxen dun balón como fixeron onte. Eu xoguei nos modestos e pouco máis, xoguei porque me gustaba e ogallá puidese sacerlle máis cartos a isto que os que lle saquei -vivir do balón sería a?-. Pois daquela eu quería ter a pelota comigo, como todos porque para iso xogábamos, pero seica hai uns tipos que cobran e xogan na elite que non a queren, que cando a teñen nos pés danlla a quen sexa como se lles queimase! Non, iso no se pode permitir. Aquí hai bos futbolistas desde o punto de vista técnico, hai xente con cualidades, con aptitudes, por iso creo que onte e outra veces a cousa vai máis de actitude. Se falla a actitude é que un non é profesional. Para miralo por parte dos que mandan, técnicos e dirixentes. Defraudado? Defraudados? Resulta que todo é bla, bla, bla.

Pulsa para ver más contenido para ti