A Coruña, 6 xul. (EFE).- O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo, declarou hoxe que unicamente é o Goberno central o que pode dar resposta á aspiración dos empresarios de arbitrar algunha fórmula para avanzar no copagamento sanitario.

Nuñez Feijóo opinou así tras as declaracións do presidente da patronal galega, Antonio Fontenla, quen, nunha conferencia pronunciada na Coruña, apostou por abrir un debate sobre a introdución de fórmulas de copagamento no gasto farmacéutico ou en determinadas asistencias médicas ante as previsións de futuro.

"É coñecido o discurso empresarial neste asunto e entenden que cumpriría buscar algún tipo de 'tiquet' na sanidade como no resto dos países de Europa", agregou o xefe do Executivo galego.

Nuñez Feijóo insistiu en que o Goberno central, que é ao que lle corresponde autorizar a prestación farmacéutica e o seu gasto, é o que ten que dar unha resposta a unha petición que desde o sector empresarial e outras entidades se reitera "constante e continuamente". EFE.