Teme que lle pase factura o paso de Anova a Alternativa?

Creo que non vai a haber tal factura, cremos que a maior parte da veciñanza entendeu os motivos. Non foi por conveniencia, senón para defender os intereses de Bergondo.

O desenvolvemento de San Cidre non podía agardar ao plan xeral?

Hai que coller as oportunidades cando se presentan. O plan xeral aínda está en fase de aprobación inicial e este proxecto leva o progreso a parte de Bergondo, é importante desde o punto de vista económico e social.

Foi suplente do PP e pasou despois por BNG, Anova, Alternativa... Cre que os veciños entenden tanto cambio?

O primeiro é pura anécdota e o resto foi por determinadas situacións, como o que comentamos de Anova. Non me arrepinto de nada da miña traxectoria política. Todo o que fixen o fixen porque cría no que estaba facendo. Eu non necesito a política para vivir.

Percibiuse un cambio do Juan Fariña da oposición ao do goberno. Arrepíntese das protestas pola depuradora o polas irregularidades na concesión do abastecemento?

Non, pero admito que en certos aspectos se nos foi a man un pouco. É moi fácil predicar desde a oposición, pero o traballo do goberno é moito máis difícil do que parece desde fóra.

Que resultados agarda? Cre que a unificación do PP pode impulsar a dereita?

Dubido moito que o PP salga favorecido desa presunta unificación. A lista está formada por xente que non é do PP, é unha candidatura de okupas e cónstame que hai moito descontento. Eu creo que a esquerda ten a oportunidade de batir o record de oito concelleiros de 2003. Creo que o bo funcionamento da coalición vai a ser premiada. Foi modélica.

Entendo que repitiría...

A fórmula foi moi positiva, pero o futuro político de Bergondo deberá basearse nun equilibrio novo de forzas. Teño moito aprecio a Alejandra, pero estou seguro de poder facelo moito mellor ca ela como alcalde.

Cal é o principal reto do próximo mandato?

O PXOM, seríamos un concello fracasado de non aprobalo.