16 de mayo de 2019
16.05.2019

CURTIS
Xosé Manuel Tomé | Concelleiro e candidato de Asembleas Abertas

"A xente que vén traballar aquí vive fóra pola falta de servizos básicos"

"O primeiro que fariamos sería sentar cos colectivos e escoitar os seus problemas"

15.05.2019 | 23:46
Xosé Manuel Tomé

Que balance fai deste mandato?

Pois o dun goberno que abandonou as cuestións máis básicas, os servizos máis básicos que precisa a xente do rural, como educación, sanidade ou a atención aos nenos e os maiores. O Concello está parado, abandonado.

Onte foi ao centro de saúde para denunciar a precarización do servizo. O Goberno local di que ten o compromiso do Sergas de mellorar os ambulatorios e o PAC...

Levamos anos escoitando que hai un compromiso pero o Goberno local negouse sistematicamente a votar a favor das nosas mocións para instar mellores a Sanidade Os médicos de atención primaria de Teixeiro teñen dous mil pacientes por facultativo e os de Curtis, uns 1.600. É o cupo máis alto da provincia e agora coas obras no polígono hai aínda máis pacientes a atender.

O polígono despega. Cre que contribuirá a fixar e ampliar poboación?

Para iso o Concello ten que ofrecer servizos básicos. O que vemos é que a xente que vén traballar aquí, ao final, opta por vivir fóra pola falta de servizos, como o alcalde e o primeiro tenente de alcalde, que teñen o concello como posto de traballo e marcharon fóra por buscar os servizos que o Concello non ofrece.

Que servizos bota en falta?

Moitos. Levamos anos demandando un servizo de madrugadores, melloras en educación, sanidade, apoio na organización das extraescolares, unha nova gardería...

Que sería o primeiro que faría de acadar a Alcaldía?

Pois algo tan básico como falar. Sentar coas asociacións e colectivos para escoitar os seus problemas e buscar solucións en común. Tan simple como iso. Diálogo, algo que non tivemos nestes catro anos. O goberno non aprobou neste mandato nin unha soa das nosas propostas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Elecciones en A Coruña

Domingo 26 de Mayo de 2019

Galicia, A Coruña, España