A vicesecretaria xeral e voceira parlamentaria do PSOE no Congreso dos Deputados, Adriana Lastra, situou onte como "adversarios" do partido de cara ás eleccións municipais e europeas do vindeiro 26 de maio á "dereita" e "á desmovilización e á abstención".

Na súa visita electoral á cidade de Ferrol, Lastra advertiu de que estes son os dous maiores perigros aos que se enfrontan os socialistas nestes comicios, nos que „apuntou„ hai varios partidos da dereita, pero que non van ter ningún problema en sumar para gobernar" e impoñerse ao PSOE. Pola tarde nun mitin en Lugo, proclamou que o PSOE "coa ultradereita, nunca".

O líder do PSdeG coincidiu con Lastra en sinalar a importancia de facer un "exercicio de mobilización masiva" para evitar sorpresas desagradables nos comicios do día 26 de maio. Según Caballero, as dereitas "van intentar sumar" se as contas lle desen ao Partido Popular con Vox y con Cidadáns.