Que tal a campaña?

Ben. Aínda que si levas tempo, xa se fai toda a vida e fundamentalmente os catro anos do mandato.

¿Que destaca do mandato?

Determinados riscos que houbo por persoas que non están por facer o ben e únicamente miran polos seus intereses, adícanse a presentar denuncias das cales saín fortalecido. Menos mal que se estabilizou e xa temos avanzado o novo plan. Que un grupo político auspicie unha plataforma para obter beneficios electorais non me parece ético. Polo resto, fixen o que estaba programado salvo o que non se puido pola anulación do PXOM, como o centro de saúde ou o primeiro polígono ecoagrario de Galicia. Ademais de servizos innovadores como a movilidade á carta ou a receita deportiva.

Sin poder facer o desenvolvemento de San Marcos e o parque ecoagrario, ¿cómo vai aterar poboación e actividade?

Extender a rede de restauración de edificios e facer algo novo como aquí, ao lado do Concello, un macroedificio de carácter social, cun auditorio e enriba todos os servizos sociais e un departamento adicado á terceira idade.

Pero para vivenda e dinamización económica?

Xa están varias empresas interesadas en montar aquí porque reducimos o ICIO e o IBI, o 95%. Hai unha que se adica a centros de día e residencias da terceira idade que está buscando un sitio.

Que proposta destaca?

Imos poñer taxis a demanda para traballadores e estudantes que non teñan bus. E teño a firme esperanza de que este mandato se instalen mozos novos no sector primario coa reserva da biosfera.

Teremos PXOM para o próximo mandato?

Home, por suposto. Ten que habelo. Non hai mais remedio que que o haxa. Xa está feito o voo. Eu dende logo luego non vou participar no deseño. Unha cousa é dar as directrices: que o uso principal é vivenda unifamiliar illada, e que o que se poda facer, que se faga para todos, e o que non, para ninguén.

Insiste niso ultimamente. Non foi así nos outros plans?

Non, sí había esa directriz, pero eu atendía á xente no despacho cando tiña algunha reclamación. E como mo botaron en cara, nesta ocasión non vou atender a ninguén. Van ser os técnicos, con criterios estrictamente técnicos.

Vostede recoñeceu hai pouco que a sentencia que anula o PXOM era “razonable” porque se prevía demasiada vivienda.

Pero aí hai unha connotación política. O criterio foi que cantas mais parcelas poida haber para construir, mais barata é a parcela, porque si hai menos, encarece. Por tanto, para as clases mais débiles, para os que menos cartos teñen, é mellor que haxa mais.

Fala dos que menos cartos teñen, pero no plan provisional, para poder construir en núcleo rural, pediuse un aval.

Cando houbo a sentencia, houbo que reducir parcelas para construir. Foi unha directriz do equipo técnico e xurídico do Concello, non política. O que sí se vai evitar co PXOM, igual que antes, é a especulación, que é un método que é: vou comprar unha leira barata e como está ao lado vou esixir ou chantaxear e a min que me deixen construir aí. Non. Non se vai permitir. O especulador non pode entrar mentres eu sexa o alcalde. Xa tiven moitas presións durante moitos anos para urbanizar determinadas zonas.

E algunhas urbanizáronse e hai personas condenadas na sentencia que o absolve.

Non, perdona. Non é unha urbanización.

Son sitios nos que non se podía construir e construiuse. Iso pasou aquí.

Perdona. Pasou aquí, e pasou en todos os concellos de Galicia, eh? Incluida A Coruña.

E di que non o vai permitir.

Non o vou permitir.

Xa pasou.

Pero iso non é especular.

Non?

Hostia! Especular é A Zapateira, que é un monte e está todo cheo de viviendas, eh? Iso sí que é especular, y ni Dios se metió en esa historia, e hai miles de viviendas aí, miles. Aquí un que ten unha leira e quere facer unha casa xa se botou todo… como se aquí fora o acabose no mundo.

A Fraga era tamén monte e tampouco se podía construir.

Como que non? Teñen todos licencia.

A ver, a sentencia está aí.

E que? O mesmo que se fixo en Abegondo, fíxose en Bergondo, en Betanzos, Miño, Oleiros e Cambre. O mesmiño. Había unha lei en solo rústico que daba pé a ese tipo de interpretación que a interpretaron todos os concellos igual que Abegondo. Nos outros non houbo quen denunciara.

Vostede non sabía que o secretario tiña que informar?

Informaba verbalmente. Está nas actas. Si eu non daba licencia, podíanme acusar de prevaricar.