Repetirá maioría absoluta?

Non me queda máis remedio porque os demais partidos transmiten que hai que botar fóra a Mouriño, así que non me queda mais remedio que gañar con maioría absoluta para que os veciños sigan tendo a Mouriño, que é a quen queren.

Cales son as súas propostas principais?

Facer un auditorio e un polideportivo nas inmediacións do Vicente Otero Valcárcel, e por suposto avanzar en saneamento. E seguir co programa de ter unhas carreteras en perfectas condicións; posiblemente sea o concello que mellor ten as pistas municipais e a seguridade vial. Quizais o proxecto estrela, aínda que non depende exclusivamente do Concello, necesitamos dos veciños e do Ministerio de Fomento, é adecentar a Nacional-550; chegar a acordos, porque hai mezclados edificios novos con casas deterioradas.

Que destaca do acadado no último mandato?

Conseguíronse moitas cousas. O problema máis gordo é que estamos aínda sacando a contratación o POS de 2018. Pero logramos facer o instituto e todas estas obras sin terminar, como os pasos de peóns intelixentes ou o andén peatonal e ciclista entre Carral e Tabeaio. E avanzamos moito, aínda que non o suficiente, no plan xeral. A Xunta márcanos para 2022. Esperamos rematar neste 2019.

A Xunta marca 2022 pero con respecto ao plazo contratado vai con anos de retraso.

A empresa está atendendo. Quen tarda son os informes sectoriais e están contestando. Queda aprobalo provisonalmente, expoñelo ao público por suposto coas alegacións e mandalo á Xunta.

Que máis quedou pendente?

O local social en Tabeaio e unha pista adecuada á parroquia; imos coller unha cesión da casa reitoral.

O Concello segue marcado pola débeda.

Con coste cero de intereses, o normal era aproveitar esa oportunidade para ter liquidez. Pero endebedado o Concello de Carral, pódese dicir que está endebedado, eles poderán decir que sí, pero eu digo que non. O Concello paga puntualmente, cumpre as regras de gasto e podemos solicitar calquera subvención. E podemos ter cartos a plazo fixo no Concello, pero iso para min non é ser un bo xestor. Tampouco por suposto tirar a casa pola ventana, que non o estamos facendo.

Intervención pide unha "política seria" para conter gasto.

Eso de non gastar dimo miña nai aínda hoxe en día. Hai que conter o gasto, pero as necesidades hai que atendelas. Aínda que se esgote unha partida, non imos deixar de pagar a enerxía eléctrica ou de botarlle gasoil ao camión para que vaian os obreiros.

Tamén alertou dos servizos sin contratar.

Non é un problema serio. Moitas veces incluso é positivo porque fomos contratando outras empresas para os domicilios que non atendían. Estamos esixindo que inmediatamente se poñan a facer os pliegos.

E os edificios inacabados?

Como comprenderás non son do alcalde. Os bancos pasáronllos á Sareb, o banco malo, que non lle fai nin puñetero caso a Carral nin á maioría dos concellos de por aquí a volta. Espero que os saque a subasta. O que está construído legal, está todo vendido.