Como ven as eleccions?

As sensación son moi boas.

Mellor que a vez anterior?

Si, oh! Antes estaba Julio. Hai xente que di que a este non o vota.

Cantos concelleiros terán?

Eu apostaría por seis. Pero non nos chegan a nada.

Están dispostos a pactar?

Con quen? Non temos opción. Evidentemente coa dereita non imos pactar, e na esquerda están os grandes partidos, teledirixidos.

O seu balance do mandato?

Nós, satisfeitos. Non baixamos a garda. A única oposición somos nós e o BNG. O PSOE non sacou nada, ningún contrato. Estes días está todo cheo de máquinas.

As súas prioridades?

Auditar as contas, contratar os servizos, mantemento e revisar e expoñer o plan xeral e quitar solo urbanizable da Zapateira.