Que expectativas teñen?

Esperamos que o pobo nos dea a confianza masiva e que comparta con nós que Culleredo necesita un cambio profundo.

Que balance fai do mandato?

Moi negativo. Ademais fomos a peor. Acabamos pagando 1,56 millóns pola parcela do colexio Ría do Burgo. E o caso da Garrocha é un auténtico escándalo e levan anos sin facer ningún intento por cobrar os 24.000 euros anuais ata acumular unha débeda de 326.000 euros, ademais do deterioro das instalacións municipais.

Cales son as súas prioridades?

Hai que sacar adiante o PXOM.

Como?

Parece que o Goberno actual ten as mans presas para eliminar urbanizables non xustificados.

Que farían vostedes?

Falar cos técnicos e si hai que eliminar urbaniables, elimínanse.

Máis propostas?

Defender firmemente á veciñanza fronte ao plan director de Alvedro e ao vial 18.