"A día de hoxe, a esquerda de Cambre represéntaa EU", afirma Olga Santos, que debuta como candidata e avanza que para pactar falará de programas. Critica que UxC "non cumpliu" a promesa de crear vivenda social e impulsou o "pelotazo urbanístico" de O Graxal "a dous meses das eleccións", o que ve "unha actuación absolutamente caciquil". Reprócha ao PSOE o "estado de alerta máxima" dos Servizos Sociais e ao BNG, que "trague" con esas políticas. "Tirar para adiante co PXOM", mellorar os Servizos Sociais, impulsar a vivenda social e mellorar saneamento e desbroces son as súas prioridades.