Como ven a campaña?

Con moito optimismo.

Terán máis representación?

Sí. Rotundamente, sí.

Que balance fai do mandato?

Positivo. Fixemos cambios estructurais en cultura e deporte. En mobilidade verase nos próximos meses. Foi o Goberno máis á esquerda na historia de Cambre. E sendo tripartito, tivo un nivel de entendemento superior a outros monocromáticos. Foi o Goberno máis estable no que vai de século.

O alcalde discrepa do acordo coa Xuventude de Cecebre.

El votou a favor diso nos orzamentos. Que se aclare

Non o falaran?

Por suposto. O acordo é prorrogable e si se disolve a entidade, os bens serán Concello. É unha cuestión menor no clima de unión que houbo.

Reeditarían tripartito?

Queremos liderar o próximo Goberno municipal. Hai que chegar a acordos con outras forzas.

Con cales pactaría?

Salvo PP e Ciudadanos, abertos a falar con todo o mundo.

As principais propostas?

Continuar as melloras na programación e infrastruturas culturais e deportivas, facer novas bases de axudas á asociacións, municipalizar servizos, vivienda flexible, noitebús, tren de proximdade e apeadeiro na Barcala.