Pérez-Lema Avogados, líder en reclamacións a bancos
O bufete galego consolida as súas liñas de litigación e consultoría a consumidores e pemes

Xoán Antón Pérez-Lema é socio-director do bufete.| l.o.
Redacción
Pérez-Lema, Avogados e Consultores foi fundada en maio de 2009 polo que segue a ser o seu socio-director, Xoán Antón Pérez-Lema.
A equipa abrangue outros tres avogados asociados internos, dous avogados colaboradores externos, dous xuristas-bolseiros e un Departamento de Administración composto por dúas persoas.
Cunha dimensión mediana, se o situamos en comparanza con outros bufetes de Galicia, Pérez Lema Avogados e Consultores é líder en Dereito Bancario, con máis de 400 casos resolvidos en preferentes, subordinadas, cláusulas-solo, valores e bonos convertíbeis, depósitos estruturados e outros produtos tóxicos ou fraudulentos.
O despacho está tamén abondo especializado en reclamacións de consumidores e pemes contra empresas de seguros, telecomunicacións e de distribución eléctrica.
Especialización en Dereito Civil e Fiscal de Sucesións
Nos últimos meses, o despacho acadou unha importante especialización en reclamacións contra bancos polos pagamentos efectuados a promotores por contratos de venda de vivendas a prazo (Lei 57/1968).
O traballo deste despacho foi clave para que o Tribunal Supremo terminase recoñecendo que as apartacións e melloras, outorgadas a prol de fillos, netos e outros, non pagaban IRPF para as persoas que entregaban os bens. “Galicia é un bó País para a sucesión”, dí Xoán Antón Pérez-Lema, “a nosa normativa propia, de Dereito Civil e Dereito Fiscal galego garante un bó tratamento tributario da sucesión, sempre que as persoas busquen o asesoramento xurídico preciso”.
O despacho vén de reforzar recentemente o seu departamento de Dereito Administrativo, especializado no asesoramento a pequenos e medianos concellos e en consultoría e litigación na materia da contratación público-administrativa.
“Fronte aos grandes almacéns de servizos xurídicos, fronte ás grandes superficies comerciais que neste sector representan os grandes despachos, nosoutros ofrecemos proximidade, comprensión do modo de ser do cliente e especialización no concreto, pero enfocando globalmente a necesidade. E, sobre todo, xestión da confianza. Atendemos ben, rápido e seguro. E somos da casa”, afirma Pérez-Lema, quen non dubida en sinalar “o noso xeito de traballar é o da proximidade, pero coa mesma especialización e nível tecnolóxico dos grandes despachos e cunha mellor comprensión dos problemas e do xeito de ser e pensar dos clientes”
Pérez-Lema Avogados e Consultores desenvolve toda caste de servizos xurídicos de litigación e consultoría en xeral, nomeadamente nos ámbitos dos Dereitos Mercantil, Corporativo, Administrativo, do Consumidor, Laboral, Concursal e Paraconcursal e D Penal Económico e Social. As súas oficinas centrais están no número 4 da rúa Fontán, preto da coruñesa Praza de Ourense.
- Una cooperativa de Xuxán, en A Coruña, busca socios para vivir en pisos ‘a la carta’: estas son las condiciones
- El Concello de A Coruña da licencia para convertir más de 40 bajos en vivienda en lo que va de año: se alquilan por hasta 2.000 euros
- El grupo coruñés que cocina A Mundiña y el Bernabéu Market: «No queremos que nada disfrace el producto»
- La cena de murciélagos en el río Barcés de Cambre
- 1-3 | Así te contamos el Deportivo-Castellón
- O bar familiar da Coruña que leva 55 anos dando de comer ao barrio de Monte Alto: «Teño clientes que me viron polo local desde pequena»
- Así está la clasificación de Segunda División: El Racing asalta el liderato y el Deportivo cae a la segunda posición
- De solar abandonado en Sada a huerto vecinal: «Hay un ambiente maravilloso»