13 de mayo de 2020
13.05.2020
La Opinión de A Coruña
SALUD BUCODENTAL

"O risco de contraer a enfermidade nas nosas instalacións é case nulo"

O Doutor Pardiñas, ó frente da primeira clínica dental en cumprir cos esixentes requirimentos da norma ISO 9001, explica as chamadas '3T' contra o contaxio

13.05.2020 | 16:26
Os expertos da clínica médico dental Pardiñas traballan cada día pola seguridade dos seus pacientes.

As especies que sobreviven non son as máis fortes nin as máis rápidas nin as máis intelixentes, senón aquelas que se adaptan mellor ó cambio'. Esta afirmación atribúese a Charles Darwin e non podemos evitar vernos reflectidos como especie, como pobo e como profesión. O SARS Cov-2 reta unha vez máis á profesión odontolóxica como xa fixeran nos anos 80 o VIH e a Hepatite C, que obrigaron a mudar os procedementos clínicos normais", lembra a Doutora López Prieto, médico e odontólogo.

Aqueles foron retos que obrigaron a introducir cambios que xa temos aceptados como parte da nosa normalidade. Agora e como o resto de servizos sanitarios, as clínicas dentais teñen que incorporar as modificacións axeitadas para minimizar as probabilidades de contaxio do SARS Cov-19: "Estamos a recuperar unha nova normalidade e, canto antes nos deamos de conta que existe a posibilidade de que teña chegado para ficar entre nós, mellor será para todos", afirma o Doutor Pardiñas López, especialista en ciruxía oral.

"É unha cuestión de responsabilidade topar as maneiras de, respectando os máis altos niveis de control para evitala propagación dos contaxios, poder seguir proporcionando á poboación as atencións médico-dentais que precisa", engade o director da clínica médico dental Pardiñas, a primeira galega en cumprir cos esixentes requirimentos da norma ISO 9001 dende o ano 2003: "Isto fai que o procedemento de adaptación á nova normativa sexa un pouco menos traumático. Os estándares de limpeza e desinfección que seguimos sempre son punteiros, polo que os maiores cambios que temos que adoitar son os correspondentes aos equipos de protección individual (EPIs) e á normativa que, dende as autoridades, ditan con respecto a aspectos administrativos como o uso dos espazos comúns, o volume máximo de ocupación, ou a obriga de atender unicamente a pacientes con cita previa".

Ese derradeiro punto é un dos tres puntos fundamentais para combater os contaxios fortuítos na nosa práctica diaria como odontólogos. Son os chamados "3T". O primeiro "T" e de triaxe: é preciso manter uns criterios sólidos para que rebaixen a posibilidade de que unha persoa contaxiada ou con sospeita de poder estalo vaia ser atendida na consulta. O segundo "T" é de temperatura: non se atenderán pacientes que teñan unha temperatura coporal maior de 37,5ºC. E o terceiro "T" é de tempo: procurárase que pasen o menor tempo posible na clínica.

"Se a estes tres "T" unímoslles as barreiras de protección persoal e interpersoal, as medidas de limpeza e desinfección avaliadas polos máis altos estándares, e a formación constante, profesionalidade e compromiso de tódolos integrantes que formamos a clínica médico dental Pardiñas, poden estar seguros de que o risco de contraer a enfermidade nas nosas instalacións é case nulo", remarca o Doutor Pardiñas López, que se despide: "A odontoloxía sempre prestou especial atención á loita en contra das infeccións cruzadas e, desta volta, estamos preparados para asumir esa responsabilidade unha vez máis".

Para saber máis:https://www.clinicapardinas.com/

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook