Vinte docentes participan no programa “Aulas Dixitais”
O profesorado desfrutou do encontro cos escritores Rosa Aneiros e Mario Regueira, onde abordaron técnicas de estimulación creativa
Coca-Cola continúa colaborando co profesorado no fomento da capacidade de transformar a creatividade do alumnado galego nun relato a través do programa Aulas Dixitais, que este xoves e venres contou coa participación de máis dunha vintena de docentes de centros de ensino galegos.
Os escritores Rosa Aneiros e Mario Regueira foron os encargados de dirixir os talleres do Programa Aulas Dixitais, enmarcado dentro da 12 edición do Concurso Novos Talentos de Relato Curto, organizado por Coca-Cola co apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A xestora de comunicación de Coca-Cola Gema Domínguez foi a encargada de abrir as xornadas agradecendo o esforzo do profesorado nestes meses de incerteza e destacando a aposta da compañía polo talento da mocidade.
O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, salientou durante a inauguración de Aulas Dixitais “a importancia desta iniciativa que vencella o ámbito escolar ao sistema literario galego e que contribúe á dinamización da lectura nas aulas superando as barreiras que nos impón a complexa situación que vivimos” e, do mesmo xeito, felicitou a Coca-Cola por “manter o seu compromiso coa promoción do uso da lingua galega no ensino e achegar ás aulas escritoras e escritores que apostan polo idioma como ferramenta da súa creatividade artística e literaria”.
Deste xeito, o escritor Mario Regueira compartiu durante o primeiro taller, celebrado na tarde do xoves 4 de febreiro, as estratexias da narrativa nos últimos cincuenta anos e trasladou ao profesorado asistente estratexias para facer os textos máis atractivos, lúdicos e capaces de mesturarse con outros xéneros e eidos artísticos.
A sesión deste venres, pola súa banda, correu a cargo da escritora e xornalista Rosa Aneiros, que realizou a súa intervención a través de contidos centrados na estimulación lectora e creativa do alumnado e baseados na súa propia experiencia literaria.
Temas
Más en Empresas en A Coruna
-
“Sin mujeres rurales no hay soberanía alimentaria”
-
Las claves del proyecto de Ence para As Pontes: una bioplanta de reciclado de papel que no utiliza madera, con un consumo mínimo de agua y ubicada en suelo industrial
-
Vegalsa-Eroski, pionera en la lucha contra el desperdicio alimentario en Galicia
-
“Trablisa está preparada para dar servicios de seguridad allá donde cualquier empresa tenga necesidad”