Día de Galicia 2019

O Camiño de Santiago, un itinerario artístico con diferentes estilos

Predomina o Románico pero hai edificios barrocos, góticos e do Renacemento

25-07-2019Meneame
Vista da igrexa de San Martín de Frómista.  // Tere Gradín
Vista da igrexa de San Martín de Frómista. // Tere Gradín

P.O.C. [A CORUÑA] O Camiño de Santiago está cheo de mostras de arte de todos os tempos. Pero se un estilo caracteriza a Catedral compostelá é o Románico, que se desenvolveu no occidente europeo desde o século XI ao XIII, coincidindo coa época de apoxeo das peregrinacións. Ao longo do Camiño Francés, a ruta máis transitada polos camiñantes, poden atoparse monumentos que reflicten o arte do itinerario.
Colexiata de Roncesvalles. É o monumento máis importante da primeira etapa do Camiño Francés. A súa construción formada por tres naves está baseada na catedral gótica de Notre Dame.
Mosterio de Leire. Tivo moita relevancia na historia de Navarra e aínda que non existen referencias sobre a súa fundación, aparece citado nalgúns escritos o ano 851. A finais do século X, as tropas de Almanzor destruíron a construción prerrománica, pero grazas ás donacións reais puido reconstruírse no 1022.
Igrexa de San Pedro da Rúa de Estella. Esta igrexa do século XII é a máis grande e antiga de Estella, en Navarra. Atópase xunto ao Camiño de Santiago, no alto dun risco dende domina a cidade.
Castelo de San Javier. Navarra é terra de castelos construidos na Idade Media e aínda que en 1516, o cardenal Cisneros mandou derribar a maioría consérvanse bastantes como o de San Javier, un castelo-palacio do século X.
Mosteiro de San Juan de la Peña: É un dos máis antigos ao longo do Camiño. O monumento sitúase preto de Jaca, a antiga capital do reino de Aragón. Antigamente foi refuxio para os cristiáns perseguidos polos moros durante a ocupación musulmana.
Santo Domingo de la Calzada. Alzase sobre unha igrexa e construida en 1105. En 1158 pasou a ser colexiata e en 1232, catedral. O edificio é un dos mellores exemplos da arquitectura protogótica e nela conviven o gótico, o barroco e o románico.
Catedral de Burgos. Trátase dun dos monumentos máis importantes de España. En 1984 a Unesco declarouna Patrimonio da Humanidade e converteuse no único templo catedrático que recibiu esta distinción na Península.
Igrexa de San Martín de Frómista. Situada na provincia de Palencia, está considerada como a obra máis pura do románico, que alcanzou a súa perfección grazas ao equilibrio entre a arquitectura e a ornamentación escultórica.
Mosteiro de Samos. Este mosteiro contou coa protección de reis e papas e a súa construción fíxose en diferentes períodos, polo que ten estruturas románicas, góticas, renacentistas e barrocas.