Unha actuación de Grande Amore en Radio Nacional sorprende unha excursión de maiores
Ao comezar a gravación, un grupo de persoas maiores que se atopaba visitando as instalacións pediron acceder ao estudio para ver a actuación pero a música non acabou de agradarlles
O grupo galego Grande Amore, liderado por Nuno Pico, protagonizou este xoves unha actuación que se fixo viral en redes sociais. En concreto, os galegos gravaban un concerto para Radio 3 nos estudios de Radio Nacional de España que se emitirá proximamente.
Ao comezar a gravación, un grupo de persoas maiores que se atopaba visitando as instalacións pediron acceder ao estudio para ver a actuación, en concreto, segundo relata Nuno Pico "22 señoras". O mariñao explicoulles antes de comezar que "a música só se escoitaría polos cascos" e incidiu en que "esta música é un pouco extraña e eu berro moito".
A reacción do público improvisado, tal e como se ve no vídeo, foi de bastante susto. "As señoras reaccionaron como se ve no vídeo e 20 segundos despois foise unha delas, a máis valente. Despois marcharon todas detrás dela", indica Nuno.
O vídeo foi subido á rede social Twitter por Nacho Álvaro, DJ en Radio Nacional de España, e acumula xa moitas visitas e reaccións.
Temas
Más en Galicia
-
El ministro Óscar Puente llega a A Coruña en uno de los nuevos trenes Avril desde Madrid: "Hoy es un día muy importante para Galicia"
-
Un helicóptero de Salvamento rescata a un hombre semiinconsciente en la costa de Fisterra
-
Un acusado de agredir a su primo en la discoteca Dona Dana de Touro se enfrenta a cuatro años de cárcel
-
Aseguradoras, mutuas y pacientes adeudan al Sergas más de 150 millones de euros