Síguenos en redes sociales:

A CORUÑA

Fiscalía pide prisión permanente e 167.000 euros de indemnización ao parricida de Oza

Marcos Mirás, que matou ao seu fillo de 11 anos cunha pala nunha pista forestal deste concello hai un ano, no Día da Nai, segue en prisión provisional sen fianza

Fiscalía pide prisión permanente e 167.000 euros de indemnización ao parricida de Ozacarlos pardellas

A Fiscalía solicitou prisión permanente revisable paraMarcos Mirás, o coruñés que matou ao seu fillo de once anos cunha pala hai agora un ano nun monte de Oza-Cesuras. Sería o terceiro caso en España para o que se pide este tipo de cárcere e o segundo en Galicia, tras o de David Oubel, o primeiro condeado a esta pena no país por matar ás súas dúas fillas en Moraña (Pontevedra) cunha serra eléctrica.

A fiscal tamén reclama unha indemnización para a súa exmuller de 125.000 euros polo falecemento do seu fillo e outros 42.500 euros polas lesións psíquicas que lle causou a morte do pequeno, xa que ela sofre trastorno por estrés postraumático crónico e está en tratamento. O xuizo celebrarase o próximo mes de setembro na Audiencia Provincial, e con xurado popular.

O escrito de calificación da Fiscalía considera que este coruñés cometeu dous delitos, asasinato e lesións psíquicas. No caso do asasinato na súa opinión xúntanse as agravantes de parentesco e de comisión do crime por razón de xénero (castigo á nai). Polos dous delitos solicitou a prisión permanente revisable, a inhabilitación absoluta e prohibición de aproximarse a menos de 500 metros da súa exmuller e de comunicarse con ela durante cinco anos. Tamén reclamou manter a este parricida en prisión provisional comunicada e sen fianza, situación na que se atopa actualmente despois do auto de maio do ano pasado.

Mirás vivía en A Coruña pero levou ao seu fillo, o Día da Nai de hai un ano, a unha pista forestal dun monte no lugar de A Barra, no municipio de Oza-Cesuras, porque neste concello tiña unha casa familiar. Matou ao seu fillo a menos de 500 metros da vivienda que a súa avoa herdara e que el visitaba a cotío.

A prisión permanente revisable, agora de actualidade ante a reivindicación de moitos cidadáns de que non se derogue, é a máxima pena privativa de liberdade que existe no Código Penal español. Foi aprobada en marzo de 2015 cos únicos votos a favor do Partido Popular.

É unha pena de cárcere por tempo indefinido e aplícase só a casos de asasinatos cunha agravante específica: víctima menor de 16 años ou especialmente vulnerable, violación en serie ou a menores con tortura, asasinato múltiple ou cometido por membros dunha organización criminal, entre outros.

Pulsa para ver más contenido para ti