Síguenos en redes sociales:

O monólogo ‘Contos de contrabando’ de Avelino González, este sábado na Aula de Cultura de Betanzos

A Aula de Cultura de Betanzos acollerá o monólogo Contos de contrabando por conta de Avelino González dentro da programación do Concello de Betanzos no programa Lingua a escena da Rede Cultural da Deputación da Coruña. A entrada é de balde ata completar a capacidade, que na actualidade ten dispoñibles 45 butacas polas restricións derivadas da situación actual. A actuación será sábado 27 de marzo ás 20.00 horas. Avelino González é un actor, contador, monologuista e tradutor que participou e dirixiu diversas obras de teatro e é coñecido tamén polos seus traballos no cinema e na televisión.

Pulsa para ver más contenido para ti