Uxes abre hoxe as festas patronais con churrascada e verbena a cargo de Foliada D’Ases
Uxes ten todo listo para gozar de tres días de festa. A parroquia arteixá arrinca hoxe, venres 3 de xuño, as súas festas patronais con pulpada e churrascada a partir das oito da tarde e unha verbena a cargo de Foliada D’Ases.
Os festexos proseguirán mañá sábado ao mediodía cunha misa solemne con procesión en honra de San Antonio; sesión vermú, outra churrascada, e verbena a partir das 22.00 horas a cargo de orquestra Trébol.
As dianas e alboradas abrirán a última xornada de festa,xa o domingo 5. Tras a misa solemne prevista para as 13.30 horas en honra do Espírito Santo celebrarase unha sesión vermú amenizada pola orquestra Fuego, que será a encargada tamén de pechar a festa cunha verbena a partir das 21.00 horas. Ao longo da tarde haberá tamén xogos e inchables para os máis pequenos.
Temas
Más en Gran Coruña
-
El diario 'The Sun' presenta a A Coruña como la alternativa 'affordable' a Ibiza: "Playas tan salvajes como su vida nocturna"
-
El rechazo del PP y la abstención del BNG y el edil no adscrito tumban las cuentas en Paderne
-
¿A qué sabe O Pasatempo?: menú inspirado en el parque de Betanzos
-
Familias de alumnos de O Graxal cortan el tráfico para exigir limpieza