A TVG emite hoxe, ás 10.50 horas, Juan José Rial, O Perla. A sabedoría do mar da Arousa, un novo programa no que Caderno de bitácora se achega ata a ría de Arousa para divulgar o traballo dos bateeiros. Dirixido, presentado e escrito por X.H. Rivadulla Corcón e realizado por Producións Celta para a canle autonómica, os espectadores coñecerán a un dos pioneiros no cultivo do mexillón da Illa da Arousa, un dos sabios mariñeiros do mar galego.

As bateas son na ría de Arousa un sinal de identidade e xa non se entendería nin a paisaxe nin a vida se desapareceran. E centro da ría de Arousa é a Illa, de onde é Juan José Rial, un home de mar, mariñeiro e armador que transmite alegría e tamén a sabedoría do mar e que viviu toda a súa vida no seu lugar de nacemento, coa única excepción do servizo militar e uns meses nos que emigrou a Alemaña.

Para coñecelo un pouco máis, Rivadura Corcón fala tamén con outro sabio do mar, Manuel García Carrán, amigo dende a mocidade do Perla , e co neto Manuel Rial, que segue as ensinanzas do seu avó traballando nas bateas.

Juan José Rial empezou a ir ao mar aos 14 años na arte do cerco. Tras irse uns meses a Alemaña, ó seu regreso nos anos 70 meteuse nas bateas, case aos inicios desta industria. Sempre traballou coa familia e aínda que agora son un dos fillos e dous netos os que levan as bateas, el segue pendente de todo. Foi a súa vida e segue sendo. Precisamente por todo o que aportou á colectividade de Arousa e por ser dos primeiros en cultivar mexillón, o programa réndelle unha emotiva homenaxe rodeado da súa familia de dos seus amigos. Toda unha sorpresa para emocionalo.

‘O soño de Arantxa Toriza’

Por outra banda, a TVG programa mañá domingo, ás 11.50 horas, O Clan das Mariñeiras co capítulo O soño de Arantxa Toriza. Capitana de pesca no mar do entusiasmo. Tamén de Producións Celta para a canle autonómica e baixo a dirección de Rivadulla Corcón, a emisión aborda a vida desta muller, que hoxe é patroa de barco e capitá para o que tivo que vencer moitos prexuízos. Pescaba luras na ría de Viveiro co seu tío Alfonso, patrón de pesca, e agora goberna barcos no Gran Sol. Conta co apoio da súa nai, Justa, coa que pasea polo porto de Celeiro. O seu pai, que foi mariñeiro, morreu cando ela só tiña 7 años.

O soño de Arantxa é cambiar a realidade do mar e quere convertirse nunha recoñecida capitá de pesca en grandes buques. Ten unha sólida formación náutica que comenzou no primeiro barco no que traballou, O Flecha, palangreiro de Celeiro. Con varios dos seus tripulantes garda amizade. O Clan das Mariñeiras quere apoiala neste esforzo de cumprir o seu sono e por iso consideran que é capitá da constancia no mar do entusiasmo.