A festa chegará hoxe de novo, por partida dobre á Televisión de Galicia (TVG), xa que o espazo É hora de festa estará presente en dúas das exaltacións gastronómicas máis destacadas deste comezo do mes de xullo.

Por un lado, Olaya Rivas acudirá á localidade ourensá de Cea, onde se celebrou de novo a súa famosa Festa do Pan. Tras dous anos de parada pola pandemia de COVID-19, o domingo volveu celebrarse, cos mesmos ingredientes das celebracións tradicionais, a exaltación dun pan que conta con Indicación Xeográfica Protexida.

A continuación, os espectadores poderán achegarse la vila coruñesa de Corme, na comarca de Bergantiños, que repartiu este pasado sábado arredor dun milleiro de quilos de percebes durante a súa tradicional Festa do Percebe do Roncudo, que este ano celebrou a súa trixésima edición ao grande despois de dous anos sen poder festexala.

Degustación, música e actividades infantís

Unha misa cantada na honra dos mariñeiros e percebeiros falecidos durante o desenvolvemento da súa labor, pasacalle, o pregón a cargo do presentador da Radio Galega (RG) Marcial Mouzo e a degustación dos crustáceos foron os momentos máis destacados da celebración, que contou tamén con música e actividades infantís.