Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O Festival do Mundo Celta de Ortigueira protagoniza o ‘Festigaliando’ da TVG

O espazo dedicarase hoxe a ese encontro musical

Imaxe dun concerto no Festival de Ortigueira.  | // TVG

Imaxe dun concerto no Festival de Ortigueira. | // TVG / Redacción

¿Ya nos sigues?Márcanos como medio preferente
Añádenos en Google

Redacción

A Coruña

O programa Festigaliando da Televisión de Galicia (TVG) está dedicado este mércores ao Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, que regresa no seu formato habitual ata este domingo, na edición máis longa da historia do certame, e unha vez máis ten carácter gratuíto.

Polo seu escenario están a pasar estes días artistas de referencia do panorama celta. O evento é xa unha referencia na comunidade galega, xa que ten un grande impacto na súa contorna. Por iso, o programa da Televisión de Galicia (TVG) visitará localidade coruñesa de Ortigueira para saber que opinan os visitantes e os negocios locais da celebración deste evento.

O Festigaliando que emite a canle autonómica esta noite tamén amosará a organización do festival e os espectadores coñecerán de primeira man o ambiente, a ilusión pola música e a ledicia propia deste evento.

Tracking Pixel Contents