A TVG abre unha nova ventá a Galicia polas tardes coa estrea do magazine ‘Hora Galega’
Rocío Durán e David Espiño estarán á fronte do programa, un “desfile diario do cotián”
A Televisión de Galicia (TVG) estrea hoxe o programa Hora Galega, un magazine diario que á tardiña abrirá unha ventá a Galicia e as súas xentes. De luns a venres, a partir das 19.00 horas, David Espiño e Rocío Durán, acompañados dun equipo de reporteiros espallados por todo o país, farán que as tardes estean máis vivas ca nunca contando todo o que sucede, o que se está facendo en Galicia a esa hora nas vilas, nas cidades, no campo, no monte e no mar.
Hora Galega preséntase como un formato onde a actualidade e a frescura acompañarán cada tarde o espectador da Galega, servíndolle un menú de proximidade onde descubrir que o noso país é único. As súas xentes, os barrios, os veciños, a cultura popular, a gastronomía, as tradicións, as festas e produtos do país... xuntaranse en Hora Galega para chegar ao serán con bo humor.
Ducias de persoas pasarán cada día polo programa da canle autonómica, que se converterá nun “desfile diario do cotián”, nun altofalante do que se fala nas rúas e nas casas, nunha ‘quedada’ diaria entre amigos coa tele en directo como lugar de encontro.
Temas
Más en Televisión
-
La idea de Chanel para un futuro documental: "Voy a contar todo lo que no he contado"
-
Miquel Valls, tras su salto a 'Espejo Público': "Desde que estoy en Antena 3, duermo más tranquilo"
-
'La pasión turca', el nuevo intento de Antena 3 por hacerse hueco ante 'Supervivientes'
-
'Tu Cara Me Suena' vuelve a superar el 20% y mantiene su firme liderazgo en Antena 3