A TVG2 emite esta noite, ás 21.30 horas, una nova entrega do programa A porta aberta que, baixo o título Unha visión ecolóxica do país, aborda a historia e o traballo que desenvolve a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (Adega). Elaborado por Producións Celta para a canle autonómica, conta coa presenza e os testemuños da presidenta, Verónica Torrijos, a fundadora e expresidenta Adela Figueroa, o coordinador da área de Formación Ambiental, Ramsés Pérez, e a vogal da directiva Tania Gómez.

Adega naceu fai xa 48 años e o seu traballo baséase na análise e comprensión do medio natural en Galicia para desenvolver tamén un ha imprescindible tarefa de divulgación e sensibilización social en torno á protección medioambiental.

Cando naceu Adega, dalgún xeito naceu tamén a conciencia ecolóxica no noso país. Foron pioneiros no traballo por conservar un mar e unha terra que acolla amablemente aos galegos e continúe a ser para eles fonte de beleza, de saúde e tamén fornecedora de alimentos e inspiradora de soños de felicidade.

A porta aberta, espazo escrito e dirixido por X. H. Rivadulla Corcón, pon o foco sobre o movemente asociativo de Galicia e en cada un dos programas céntrase nun colectivo que contribúe co seu traballo ao progreso da sociedade. Aínda que de emisión diaria, esta semana só se emitirán outros dous capítulos, o xoves e o venres, dedicados respectivamente á Asociación Ruta do Viño Rías Baixas e á Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Galix).