A porta aberta chega hoxe na TVG 2 ao seu capítulo 30 que, baixo o título Asociación Galega de Apicultura. Dialogando coas abellas, abordará o traballo que desenvolve este colectivo, ademais de dar a coñecer as súas actividades ó tempo que explica a súa filosofía e o seu patrimonio humano.

O programa, encargado pola canle autonómica a Producións Celta, contará como invitados con Xosé Torres, presidente da asociación e apicultor; Marita Puga, vicepresidenta e apicultora; Iago Roca, socio e apicultor, e Gonzalo Calvo, veterinario do colectivo e tamén apicultor.

Os espectadores poderán coñecer no programa que hoxe que todo ser vivo ten a súa misión no planeta. Pero existe un ser, a abella, aparentemente modesto, que cumpre una imprescindible misión. Os que coñecen ben esta especie animal chegan a afirmar que sen elas a vida dos humanos non existiría ou como mínimo sería moi diferente e máis difícil. Os apicultores son expertos na vida das abellas e comparten as súas experiencias na Asociación Galega de Apicultores. Os integrantes do colectivo explicarán, por exemplo, a sorprendente organización da sociedade destes insectos, as súas “relacións laborais” e incluso incidirán en que parecen provistas dunha intelixencia insospeitada. Os apicultoras da Asociación cumpren tamén una función esencial: son os cooperadores necesarios para que as abellas podan, a súa vez, coidar da humanidade.

A apicultura tamén ten un lugar importante na cultura galega, como unha actividade ancestral, que foi transmitíndose entre xeracións. Os galego levamos milenios cooperando coas abellas e construíndo un patrimonio material e inmaterial de gran valor etnográfico.