A TVG homenaxea aos recintos de baile dos 80 no especial ‘Sala G’
O programa terá tres entregas, a desta noite, dedicada ás orquestras
As salas de festas dos 80 agochan moitos segredos. Deixaron actuacións memorables de artistas como Raphael ou Sabrina, e hai quen as vencella a moitos dos nacementos daquelas datas. Algunhas acabaron convertidas en ximnasios ou supermercados, e outras, sen máis, quedaron en estado de abandono. A Televisión de Galicia (TVG) lembrará aqueles tempos abrindo hoxe as portas de Sala G, un programa especial da canle pública para as festas de Nadal que terá tres entregas, a primeira, esta noite.
Sala G é un concurso musical, con moito humor. O primeiro programa estará dedicado ás orquestras, mentres nos seguintes os protagonistas serán os talent show da TVG e o resto de espazos que lles amenizaron o 2023 aos espectadores da canle pública.
O presentador Arturo Fernández será o anfitrión de Sala G, que hoxe contará cun camareiro con moito humor, Fran Nogueira, e mais coa orquestra Los Satélites, o picadiscos Dj Rokiño, Pili Pampín, e o Grupo Tania Veiras para animar a festa.
Nesta primeira entrega, unha ducia de concursantes, divididos en dous equipos, Os carballeiros do amor e Os intensiños da vida, competirán para converterse en reis da pista. Deberán superar distintos retos, desde poñer a bailar a toda a sala de festas a coller o micrófono, mentres que público e audiencia, actuarán de xurado e darán o veredicto.
Ademais, ao longo do espazo, os espectadores escoitarán historias reais que pasaron en salas de festas, coñecerán matrimonios que saíron delas e lembrarán actuacións que fixeron historia.
Temas
Más en Televisión
-
¿Por qué impidió la Iglesia grabar Masterchef en Covadonga? "Hubiera sido una extraordinaria publicidad gratuita"
-
'El 1%', 'El padre' y 'Ambulance: Plan de huida', en el 'prime time' de hoy
-
El auge y caída de Locomía llega al cine como comedia
-
Países Bajos denunció un "entorno inseguro" en Eurovisión 2024 antes de su descalificación