Ofracaso da dereita, e das enquisas, en Andalucía debe se interpretar como primeiro testemuño do comezo do desgaste do Goberno central?

Ao noso xuízo é un nova dobre proba de que o continxente non cambia o necesario, o cal se vai atinxindo progresivamente sen que se acade para sempre nunha sociedade ideal.

Persoalmente nunca cremos nunha victoria absoluta da dereita nunha terra cunha historia de servos de señores da conquista bautizada Reconquista.

A segunda demostración evidénciase nos datos definitivos dos comicios: a esquerda, unida, non será vencida: que llo pregunten á dereita, sobretodo a do Estado español. Tamén en Asturias, malia suma do foro do Cascos e mais o PP, dereita e esquerda aparecen técnicamente empatadas en votos. Porén os primeiros contarán 23 escanos, por 21 do PSOE e IU.

Estas dúas forzas deberían facer memoria de que ata o desastroso "atallo" do paneslavismo dos comezos do século XX non había senón un socialismo.

Mañá como onte deben rematar os eufemismos dun socialismo totalitario de "rostro humano" e asemade dun socialismo xerente dun "benestar" dentro dun capitalismo "de rostro humano".

Para a esquerda é inadiábel unha Terceira Vía real: o socialismo único.