Cando un pasea polas rúas de Alexandría, en Exipto, distingue doadamente a filiación relixiosa dos seus habitantes. Desde logo é moi doado distinguir a un exipcio mulsulmán, dun exipcio mulsulmán que pertence aos Irmás Musulmáns, e aínda máis a un exipcio laico ou a un exipcio copto. O bonito dos barrios dos cristiáns coptos é que os namorados van da man, conversan nos parques con naturalidade e fanno todo a cara descoberta. Nun barrio copto respírase unha calma que é difícil atopar no resto da cidade. Agora, en Exipto, estase a perseguirse aos coptos e aos cristiáns en xeral. Ao igual que está a pasar en Siria. Asad mata indiscriminadamente á súa povoación, mais parte da oposición, a que non é laica, dedícase a matar cristiáns sen pararse moito a pensar o que están a facer. A oposición ao sátrapa Asad é unha marabunta de salafistas, yihadistas, grupúsculos con contactos con Al Qaeda e unha minoría de laicos. Isto é o que leva á chamada Comunidade Internacional a non decidirse a intervir, porque non saben que é peor, se o réxime que está ou o que vai vir. O que si non acabo de entender é por que é máis grave a morte de tres mil persoas por armas químicas que a de cen mil persoas -durante dous anos de guerra- con armas convencionais. Un morto por bala ou por machete é tan morto como calquera outro. Pero nós durante estes dous longos anos sirios miramos para outro lado. Agora tampouco o temos claro. Normal. Afganistán, Irak, Libia, non son antecedentes moi optimistas. Non están os que estaban, mais non solucionamos nada. O que hai agora é aterrador. Por iso, os países da UE tampouco teñen claro que facer neste caso. Con Obama parece que só Cameron e Hollande parecen decididos a levar adiante unha operación de castigo. Obama, esa esperanza negra, está convertíndose nunha desesperanza negrísima. Claro que como a economía estadounidense está remontando, parece que moitos xa lle perdoan que non teña cumprido nen coa metade do seu programa electoral. Guantánamo segue aberto. Por decir só unha das súas promesas. Aínda por riba é Premio Nobel da Paz. Non sei se resulta o máis ético que un premiado pola Paz estexa plantexándose meterse noutra guerra. Mais, tamén é certo que algo hai que facer, que Asad non pode seguir facendo as barbaridades que fai, as atrocidades coas que agasalla ao seu pobo día tras día. É un caso difícil. A zona é un polvorín, e se Exipto cae na mesma dinámica as consecuencias para as nacións do entorno poden ser imprevisibles. Que desgraza que a ONU teña un Consello permanente con só cinco membros. Ese Consello, nacido como consecuencia da II Guerra Mundial, está impedindo que a propia ONU como institución estexa sendo cada vez menos valorada internacionalmente. Obama, Asad e a ONU. Esa é a partida de xadrez.