Oser humano ten a enorme capacidade de esquecer. Cando algo profundamente doroso nos acontece, todos tendemos a tentar superalo e unha maneira de conquerilo, non sempre a mellor, é o esquecemento. Borrar da nosa mente aqueles instantes terribles co que a vida nos golpexou. Mais, esa capacidade de esquecer, que aplicada á nosa vida pode ser útil, convértese nalgo perverso se o aplicamos ao mundo, á nosa construcción da civilización. Estes días atrás asistimos a unha traxedia brutal na Illa de Lampedusa, no Canal de Sicilia, centos de persoas morrían na tentativa de acadar as costas de Europa nunha barcaza. - aínda que agora, este drama nos conmova, non hai que esquecer que nesas augas levan morrendo milleiros de seres humanos desde hai máis de dúas decadas. Os políticos e os xornalistas esquecimos. Como axiña esqueceráse este último horror. Entre outras cousas porque para darlle aínda máis tenebrosidade a esta desgraza, onte mesmo morrían outras cincoenta persoas nas costas de Lampedusa, viñan noutra barcaza, e entre os mortos varios nenos. Mais sigamos co esquecemento. Hai tres anos todos asistimos cun nó na gorxa ao resgate de trinta e tres mineiros chilenos, através dun tubo, da mina na quedaran atrapados. Foi a retransmisión televisiva máis vista desde a chegada do home a lúa. Que foi de todo aquilo? Onde están os mineiros agora? Pois a maioría onde estaban. Algúns volveron á mina, os máis novos e os máis fortes, outros están a tratamento psiquiátrico, hai un que vende froita na praza, entre eles había un exalcoólico que volveu ao alcoholismo, e por último, un que era prófugo, e que traballaba de tapadillo na mina, volveu delinquir. - os responsables daquel inferno, daqueles sesenta e nove días de cautiverio baixo terra onde andan? Pois ben, todos no mesmo lugar. Tanto autoridades políticas como empresarios. Non houbo nengunha condena para eles. - máis, nese mesmo ano morreron trinta e dous mineiros en Chile, pero como foi un nunha mina, dous en outra, etc. pois xa non se lles prestou a atención mediática que aos anteriores. O esquecemento, o olvido, ese espanto que habita no cerebro da condición humana e que nos fai tan desditados a todos. A memoria é moi importante, é o único xeito de cicatrizar as feridas. A memoria colectiva fainos mellores diante dos actos selvaxes que algúns homes e mulleres cometen contra outros homes e mulleres. Agora, anúnciase unha película sobre a historia dos mineiros, no mellor estilo catastrofista hollywodense, se cadra, non tarden en preparar algunha sobre os náufragos de Lampedusa. - esa memoria é a que non nos debe interesar, porque case nunca é refrexo do que verdadeiramente aconteceu. Xa vimos que os políticos chilenos non fixeron nada co problema da minería, e aló todo segue igual, as normas para manter unha mina aberta non se cumpren. Agardemos que os políticos europeos se tomen moi en serio o que está a pasar nas costas do sul de Europa, porque hai dous millóns de persoas esperando a súa oportunidade para cruzar o Mediterraneo cara o norte.