Sabía Obama que os servicios de intelixencia norteamericanos espiaban a Merkel? Se cadra si, se cadra non. Como sempre está bailando con Michelle, quen sabe. - sabía Merkel que os estadounidenses a estaban espiando? Si. Desde hai anos todo o mundo espía a todo o mundo e todo o mundo sabe isto. Desde o atentado contra as Torres Xemelgas en New York, os estados decidiron apostar moito máis pola seguridade que pola liberdade. Un dato, nos EEUU existen dezasete axencias de seguridade, ademais do FBI e a CIA. Entre funcionarios, subcontratados e espías viven destas axencias nada menos que un millón oitocentas mil persoas. O raro é que non espíen máis. Non deixa de resultar curioso o teatro que os políticos están facendo con este asunto. Amósanse sorprendidos, indignados, patriotas e incluso inocentes, cando todos eles xa coñecían o que estaba a pasar. Os Estados Unidos espían a todos os países do planeta, mais dentro destes países ten moitos aliados. Aliados de primeira, de segunda e de terceira categoría. Explícome. Canadá, New Zelanda, Australia e Reino Unido son os aliados de primeira. Estes catro xunto cos Estados Unidos espían aos demais. Logo están Alemania, España, Bélxica, Italia e outros países europeos, incluida Grecia, que espían aos outros. Estes son os aliados de segunda categoría e logo están o resto que da boca para fora moitos son aliados de Estados Unidos e das potencias occidentais, mais que son espiados por todos os demais. Incluida Francia, que non forma parte de nengún destes clubes de amigotes da información. Cospedal, esa rapaza de ollos lindos pero que fala en diferido, cada día vése envolta nun novo enredo. Claro que ela mesma ten unha enorme facilidade para meterse en líos. Tivo que falar sobre a espionaxe a políticos e cidadáns en España e dixo o de sempre "que non lle constaba". Entre que nunca lle consta nada e que sempre "nega a maior", non saímos das augas pantanosas onde habita o verbo de María Dolores. Creo que si, que é certo que o PP debería buscarse persoas que teñan capacidade de comunicar, de explicarse, porque Floriano e Cospedal son un bochorno. - volvendo ao dos espías, son da opinión que a cidadanía tería algo que decir en todo isto. Creo que aínda non somos conscientes do ollo do gran irmán que espía os nosos movementos. De entrada deberíamos ser máis prudentes co uso que facemos das redes e das novas tecnoloxías, non vaia ser que se volvan contra nós.