Xa estamos no día de Noiteboa. Chegou o Nadal. Din que o seu espíritu de festividade familar e de amizade é contaxiosa. Sembla que todos imos estar cheos de ledicia, con ansias de festa, de romaxes, de celebracións familiares e acugulados de regalos e recuperando sorrisos. Ou sexa, esquecéndonos de todas as penurias que a maioría das familias tiveron e teñen que soportar. Máis non seremos quen de asolagar esperanzas. A vida segue e precisamos ter un asideiro que nos alivie deso que se deu en charmar crise, que non é nin máis nin menos que o resultado dunha mala xestión, porque ollo, os ricos cada vez son máis ricos e a pobreza pálpase, síntese e faise visible a cotío, sin que polo dagora se poida ver unha salida, unha raiola de luz que nos marque, guía ou dirixa as portas de recuperación.

Hai un dito que nestas datas é repetitivo e que está emparellado coa lotería do Nadal: ¿Tocouche?, non, bueno, o caso é ter saúde! Certo. O mellor que nos pode pasar é ter saúde. Os cartos de pouco valerían si a saúde falla. Daquela tanto en Nadal como en Aninovo ou Reis, datas que comprenden este espacio de tempo de lecer, habería que ter a capacidade de pensamento, palabra e obra para entender e trasmitir a familiares, amigos, coñecidos y demais xentes, que no mundo andamos, que a felicidade no é somentes facer o que un quere, senón querer o que un fai. Temos e sufrimos demasiadas tensións provocadas, nalgúns casos polos nosos propios defectos e neste intre pola imposición de condutas alleas que xorden dunha miserenta xestión política imposta desde posicións neoliberais que somentes favorecen ao gran capital, a banca, aos especuladores e aos mais noxentos corruptos e corruptores.

Que temos que pedirlle a Santa Claus, a Papá Noel, a San Nicolás e como non, aos Reis Magos? Como xa dixemos: primeiro saúde, moi logo liberdade e xustiza. Coido que pedir amparo nestes instantes non é caer na demagoxia. Demagoxia é que se fale de democracia, neste noso Estado, cando agora estamos sometidos a unha "democracia" do "todo para min e nada para o pobo". Agora ben: como queira que estamos nestas datas, ademais de pedir o mellor para todas as xentes de boa vontade, tamén podemos facer un esforzo e desexarlles aos políticos deshonestos, aos explotadores, aos banqueiros, aos déspotas, aos filo-fascistas, aos nazis, aos violentos, aos gurtelianos, aos saqueadores, aos belicistas e demáis servos e deseñadores da miseria, non se esganen cunha espiña e que non padezan un cólico miserere.

Costa traballo; nembargantes temos que ter esperanza. Entrementres, boas e lediciosas festas aos bos e xenerosos.