Mentres nos países ricos, a gran maioría da xente (non toda) celebra estas festas, en máis da metade do outro mundo, moita xente pasa fame e unha gran cantidade de nenos morre, día a día. A moitas persoas isto nin lles pasa pola cabeza, triste pero certo e o que é peor a outros, mesmo lles custa doar o mínimo facendo unha chamada ou mandar unha mensaxe de texto ao teléfono dalgunha ONG, e de esta forma achegar un mínimo. Aínda que o máis vergoñoso é que os países e as grandes corporacións e multinacionais, as cales saquearon os recursos que tiñan estes países e que agora están na miseria, son quizais os peores, só pensan no diñeiro, canto máis mellor, á conta do que sexa, sen escrúpulos. Así estamos neste mundo, uns tanto e outros tan pouco, pregúntome eu tal e como está este planeta e cun cume sobre o clima, que non serviu para nada. Que van facer co diñeiro, levalo á tumba? Sería moito pedir que mostrasen un pouco de solidariedade coa xente máis desfavorecida e os países que eles mesmos saquearon?