07 de mayo de 2009
07.05.2009
La Opinión de A Coruña

O proxecto de e-Hospital da USC, premiado co European Lifelong Learning Award

07.05.2009 | 20:28

En recoñecemento pola súa contribución á creatividade e á innovación

Coa colaboración do Centro de supercomputación de Galicia (Cesga) e do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, o principal obxectivo do proxecto céntrase en crear e avaliar a viabilidade da formación continua mediante e-learning a pacientes adultos hospitalizados de longa duración.

A entrega do premio celebrouse hoxe en Praga no transcurso da Conferencia Europea sobre Innovación e Creatividade no Programa de Aprendizaxe Permanente. Recolleron o galardón a profesora da USC Carmen Fernández Morante, e o coordinador do consorcio internacional que apoia o proxecto, Hoger Bienzle.

O e-Hospital foi un proxecto financiado durante os anos 2005-2008 pola Comisión Europea dentro do programa Sócrates/Grundtvig, no que participaron institucións educativas de Austria, Francia, Alemaña, Polonia, Suíza e España.

O grupo da USC, coa colaboración do Cesga, como institucións españolas participantes, deseñaron e desenvolveron un curso piloto de formación continua a través de blended-learning --modalidade de aprendizaxe que combina a formación presencial e a non presencial co uso das novas tecnoloxías de Internet-- denominado e-Hospital.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

ESPECIAL

PREMIOS OPINIÓN MÚSICA RAÍZ

Premios Opinión da Música de Raíz

Consulta aquí a información dos premios de música do noso diario


Neomotor

Toda la información sobre el mundo del motor

Conoce las últimas tendencias y las novedades en coches, motos y la industria automovilística.

 

Lo último Lo más leído