A Consellería de Cultura celebrou onte a boa acollida da exposición Gallaecia Petrea, que pechou as súas portas o domingo no Museo Centro Gaiás, da Cidade da Cultura, tras acoller 68.682 visitantes. Gallaecia Petrea contou coa visita dunha media de 271 persoas ao día dende a súa apertura ao público o 15 de xuño de 2012. En total, permaneceu aberta 253 días nos que o público puido coñecer o patrimonio pétreo galego dende a súa orixe ata a arte contemporánea.

Na última semana, cando a mostra se puido visitar de forma gratuíta, a exposición bateu "récords" con máis de 5.000 visitantes, segundo informou a Xunta.