A directiva da Real Academia Galega (RAG) acordou realizar unha proposta ao Ministerio de Cultura co fin de "emendar" a redución na achega estatal ao presuposto da institución galega. O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, explicaba onte: "Elaboramos unha estratexia pedagóxica ante o Ministerio para que de xeito especial a situación económica da nosa academia non sexa inferior á do pasado ano".

Alonso Montero -que evitou dar detalles desa estratexia- apuntou que a redución nun 20% da subvención do Estado á RAG pon este organismo galego nunha situación moi "delicada". "A Academia necesita diñeiro para as súas actividades; non para os membros, que eu non gaño nin medio céntimo". El presidente de la Real Academia Galega aclaró que "necesitamos o diñeiro para que os traballadores cobren a fin de mes".

Non obstante, Alonso tamén indicou que "inda que un sempre espera que as subvencións suban de ano en ano; se en tódalas instancias vida pública española hai recortes, a RAG e as outras academias non ían ser unha excepción".

Para que non se malinterpreten as súas palabras, matizou que "isto non quere dicir que o equipo directivo actual nos resignemos".

Hai que recordar que o Goberno central recolle nos Presupostos Xerais do Estado para 2014 unha partida de 273.000 euros, o que supón un 20% menos que no exercicio anterior. Non obstante, esta é a mesma contía que recibirán as academias vasca e catalá.

Por parte do BNG, a deputada no Congreso Olaia Fernández Davila anunciou que dende o Grupo Mixto realizarán unha emenda aos Presupostos para que non se realice o recorte de Cultura na axuda á RAG. Adiantou tamén que tratarán de consensuala co resto de partidos. O seu fin é lograr consenso e que a comisión de presupostos fronte o recorte.

Pola súa banda, a deputada do PP Ana Belén Vázquez indicou que, por primeira vez, se conseguiu unha cantidade fixa para a RAG idéntica ás súas homólogas e que os 273.000 euros que outorga o Goberno á Academia Galega supoñen un "esforzo" e "sacrificio" nesta época de recortes. Por último, indicou que por primeira vez se contempla que ás reais academias poidan acudir á concorrencia competitiva mediante unha orde do Ministerio de Cultura. Baixo ela, poderán presentar un proxecto orixinal para recibir diñeiro a maiores do fixo dá subvención".