Bernardo Atxaga, Anxos Sumai, Berta Dávila, as compañías Sarabela Teatro e Achádego Teatro, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a editorial Laiovento, o proxecto Casahamlet, a Asociación Cultural O Facho, as diputacións de Lugo e A Coruña e os concellos de Narón e Tui, entre outros, recibiron onte en Pontevedra os premios da Asociación de Escritores en Lingua galega (AELG), nunha gala que, un ano máis, serviu para visibilizar a literatura que se fai no país e os principais proxectos culturais, así como o pulo dalgunhas institucións ás artes escénicas.

Escritores, pero tamén actores, editores, xornalistas e xestores culturais foron onte os convidados á Gala das Letras da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), que un ano máis se propuso facer visible e convocar á cidadanía a unha cita anual ao redor da nosa literatura, "esa que é unha rregalía e fai bailar os ollos de orgullo", lembrou a organización.

Os socios da AELG, de Gálix e do Colexio de Xornalistas escolleron ós finalistas aos premios á mellor obra publicada en 2013 en distintas modalidades, que se entregaron no transcurso da gala.

O convidado de honra á gala, que se desenvolveu no Teatro Principal, foi Bernardo Atxaga. Éste recolleu o galardón Escritor Galego Universal 2014, un recoñecemento á "alta calidade literaria do conxunto da súa obra, coa que nos da testemuño do seu tempo, do noso tempo, desde un insubornábel compromiso ético". A de Atxaga é, lembran os escritores, "unha traxectoria literaria incontestábel, apreciada por crítica e público, nun consenso difícil de conseguir".

As escritoras Anxos Sumai e Berta Dávila, pola súa banda, recibiron os Premios da Crítica Galega nas categorías de narrativa e poesía, respectivamente, polas obras A lúa da colleita e Raíz da fenda.

Os galardóns Bos e Xeneroros, cos que a AELG recoñece o esforzo e o compromiso da xente dos espectáculos "para manter vivos os nosos escenarios nun momento no que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais", recaeron nas compañías Sabarela Teatro, Achádego Teatro, na Asociación de Actores e Actrices de Galicia, a editorial Laivovento e o proxexto Casahamlet e na Asociación Cultural O Facho polo seu traballo no teatro infantil.

Xavier Blanco e Najla Shami actuaron na gala, na que tamén as institucións cun papel destacado na promoción das artes escénicas foron recoñecidas.