A Fundación SGAE publicou as obras gañadoras da I Convocatoria de Teatroautor Exprés 2016 dentro da colección homónima que a entidade promove co obxectivo de contribuír á difusión da dramaturxia contemporánea. Un dos textos estaba escrito orixinalmente en galego. Os galardoados foron Raclette de Santiago Cortegoso, Motel Oh! de Félix Estaire, Cruz de maio de Lupe Gehrenbeck, DioS K de Antonio Rojano e Historia de Jan Vilanova, segundo informa nun comunicado.

A colección persegue a difusión e promoción de obras de teatro recentemente estreadas. "Trátase dunha iniciativa necesaria, que permite que os textos se coñezan e cheguen a persoas e profesionais que non puideron acudir á estrea" explicou o autor Antonio Rojano, quen acaba de estrear Furiosa Escandinavia no Teatro Español.