Síguenos en redes sociales:

Catro décadas na 'Encrucillada'

A primeira revista de pensamento cristián escrita en galego celebra o seu 40 aniversario cunha monografía sobre as Letras Galegas

Catro décadas na 'Encrucillada'víctor echave

Encrucillada celebrou onte na Real Academia Galega (RAG) os seus 40 anos nun acto no que se presentou a monografía editada co gallo deste aniversario, As Letras Galegas na Encrucillada. A publicación, a primeira revista de pensamento cristián da Transición escrita en galego, compila os artigos publicados desde 1977 sobre os persoeiros aos que a RAG lles dedicou o Día das Letras Galegas (desde López Ferreiro a Carlos Casares) e, nun segundo tomo, outros traballos sobre autores da nosa literatura.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e o presidente de honra da Asociación Encrucillada e primeiro director da publicación, o académico Andrés Torres Queiruga, estiveron acompañados na presentación do actual director e da secretaria da revista, Pedro F. Castelao e Marisa Vidal.

Pulsa para ver más contenido para ti