O xornalista, escritor e músico galego Ramón Chao morreu o pasado domingo en Barcelona aos 82 anos. Nado na localidade de Vilalba en 1953, Chao desenrolou gran parte da súa carreira e da súa vida en Francia, onde chegou cando tiña pouco mais de 20 anos cunha bolsa do Goberno español para estudar piano, instrumento do que era un virtuoso. Ramón Chao era o pai dos músicos Manu e Antoine Chao, fundadores do grupo de rock Mano Negra, e irmán do teólogo e escritor Xosé Chao Rego (1932-2015).

Segundo conta o seu amigo e biógrafo Moncho Paz na Voz de Vilalba, Ramón Chao criouse tocando o piano na fonda que rexentaban seus pais e na que adoitaban hospedarse figuras como Álvaro Cunqueiro ou Xosé María Díaz Castro. Recibiu unha bolsa do Concello de Vilalba e outra da Diputación de Lugo coas que se trasladou a Madrid para estudiar piano, armonía e Bacherelato. En 1955 foi finalista do Premio Nacional de Virtuosismo e de Madrid mudouse a París con outra bolsa do Goberno español, de dous anos, que completou cunha estadía similar a cargo do Goberno francés. Na capital gala é onde se fixo xornalista e entrou a traballar en Radio France "porque falaba galego", según confesou o propio autor fai anos nunha entrevista, "porque buscaban un locutor que soupese música e portugués".

En 1968 foi nomeado xefe do servicio cultural en español e portugués de Radio France, e en 1980, redactor xefe de todalas emisións, culturais e informativas, en ambos idiomas. Dirixiu emisións radiofónicas en galego e foi corresponsal da revista Triunfo, mantendo sempre o contacto tanto con Galicia coma con España.

Ademáis, Ramón Chao foi colaborador habitual durante décadas na prensa e na televisión francesa e foi nomeado Cabaleiro das Artes y das Letras polo Goberno de Francia no 1991.

Ramón Chao destacou como crítico literario en Le Monde e por as súas colaboración en Le Monde Diplomatique, publicación mensual dirixida polo xornalista redondelano Ignacio Ramonet. Con Ramonet escribiu tamén o libro París Rebelde. Guía política y turística de una ciudad, publicado en marzo de este ano.

Ademáis, escribiu máis dunha vintena de libros, entre novelas e biografías, e foi candidato en este ano 2018 ó Premio José Couso de Libertade de Prensa, que finalmente gañou a xornalista monfortina afincada en Barcelona Julia Otero.