Síguenos en redes sociales:

'A Revista' estará nos preparativos do Asalto ao Castelo de Vimianzo

Unha vivenda de Oleiros que está revirada sobre si mesma, en 'Que casas!'

'A Revista' estará nos preparativos do Asalto ao Castelo de Vimianzotvg

Achégase a vixésimo terceira edición do Asalto ao Castelo de Vimianzo, cando se cumpren 550 anos da Guerra Irmandiña. Unha celebración que se prolongará durante toda a semana. Hoxe A Revista estará en directo na localidade coruñesa, onde se están a celebrar diferentes obradoiros ou os xa tradicionais Pinchos Irmandiños. O programa tamén estará na preestrea da representación teatral Asalto 2018, a representación das revoltas irmandiñas na Costa da Morte.

'Que casas!'

Un pazo do século XVI en Lalín, a impoñente vivenda dunha galega establecida en Madrid e unha impresionante casa no municipio pontevedrés de Oia serán motivos suficientes para que pague a pena ver hoxe o programa Que casas! Pero a primeira das paradas será no concello coruñés de Oleiros. Alí os espectadores verán unha casa que está revirada sobre si mesma para facer posible a óptima contemplación da grandeza paisaxística que a rodea.

Pulsa para ver más contenido para ti