A Real Academia Galega (RAG) celebrou onte a doazón dun cadro de homenaxe a Rosalía de Castro de Ángel Orcajo, un dos grandes representantes do pop art español e posuidor dunha intensa traxectoria reflectida en coleccións de grandes museos como o Raíña Sofía. O pintor fixo entrega do cadro na sede da institución acompañado do seu presidente, Víctor F. Freixanes, e o crítico de arte Antón Castro. Ángel Orcajo (Madrid, 1934) mantén un estreito vínculo con Galicia por motivos familiares desde hai máis de cinco décadas e é un admirador da poesía da fundadora das nosas letras contemporáneas.