A Real Academia Galega, o Institut d'Estudis Catalans, a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia, a Fryske Akademy, Lo Congrès Permanent de la Lenga Occitana e Eurac-Institute for Applied Linguistics impulsarán unha rede de entidades homólogas, institutos lingüísticos e centros de investigación de linguas minorizadas ou minoritarias en Europa co propósito de promover o coñecemento e o respecto da diversidade lingüística do continente, segundo anunciaron onte tras manter un encontro os seus representantes.